Xa sabemos que centros resultaron gañadores no concurso de vídeo e banda deseñada!

Xa sabemos que centros resultaron gañadores no concurso de vídeo e banda deseñada!

Logo de que as persoas que conformaron o xurado reflexionasen e visen as diferentes propostas enviadas polos centros participantes, chegou o día de facer público quen son os centros que gañaron o concurso de vídeo e banda deseñada!

Despoisde tomar decisións difíciles debido ao alto nivel, ás rapazas e rapaces gañadoras do concurso do Manifesto do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, temos que engadir o alumnado do EIS de Elviña e máis ás nenas e nenos do CPI de Pontecesures! Os primeiros, souberon entender moi ben o contido do lema deste ano a través da súa proposta de vídeo, ao igual que fixeron en Pontecesures coa banda deseñada.

Como premios, o alumnado de Secundaria de Ribadeo e A Coruña disfrutarán dunha estancia de dous días en Pontedeume, organizada conxuntamente co Albergue Alvarella, na que as actividades ao aire libre serán o punto forte da proposta. En canto ao premio pensado para Primaria, o alumando de Pontecesures visitará o Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro e asistirá á estrea de “Os soños na gaiola” representada por Títeres Alakrán.

 

Banda deseñada do alumnado de infantil do CPI de Pontecesures:

 

Nos próximos días subiremos todas as propostas que nos chegaron e aquí tedes as gañadoras.