07 Nov Comeza o Correlingua 2015! Galego, a nosa creación común!
Con este lema, un ano máis e con máis forza ca nunca ao ver as últimas enquisas que mostran unha diminución de galegofalantes, voltamos ás rúas para correr pola nosa lingua! Porén, cremos que é preciso prepararnos e adestrar para esas carreiras e por iso poñemos a andar os concursos do Correlingua: banda deseñada, video, manifesto e Cantalingua!
Animamos a todos os centros de ensino a formar parte deste proxecto e a participar das diferentes actividades que propomos para facer durante o curso. É preciso que poidamos vivir con normalidade en galego e unha das mellores maneiras de conseguilo, é comezando polo uso nos colexios e institutos.
Concurso manifesto
Pensado para o alumnado de ESO e Bacharelato, é unha boa oportunidade para conseguir involucrar as rapazas e rapaces en actividades vinculadas co galego. O lema deste ano, “Galego, a nosa creación común”, pode servir de inspiración. O manifesto elixido será lido en todas as festas finais do Correlingua.
Concurso video + Banda deseñada
Todas e todos sabemos o moito que lle gusta ao alumnado sentirse partícipe dunha actividade común, e que mellor maneira para conseguido que convertíndose en protagonistas dun video sobre a situación do galego? Este concurso está aberto a alumnas e alumnos de todas as idades! A que esperades para coller a cámara e gravar?
Tamén cremos que as e os máis pequenos do colexio poden ter moito que dicir, por iso deseñamos o concurso de banda deseñada no que, coa vosa axuda, poderán elaborar magníficas viñetas.
Lembrade que o lema do Correlingua 2015 – “Galego, a nosa creación común”- ten que ter sido en conta.
Recordade que podedes subscribir os vosos centros.