Non penso volver ver a tv

Non penso volver ver a tv

“Non penso volver ver a televisión” é unha canción para nenos e maiores na que, coa excusa de satirizar o mundo de televisión, fálase de moitas das cousas que un pode facer na vida sen ter que estar pegado a unha pantalla a maior parte do tempo…Diversión, vitalidade e frescura aúnanse nesta canción que foi seleccionada polo programa “Xabarín club” para realizar un videoclip celebrando o súa maioría de idade.

Hoxe por hoxe, o directo deste grupo, coa “naturalidade silvestre “de Roger de Flor á cabeza, acompañado pola retranca especial do Marqués das Vinhas e o seu charango, a mestría de Sergei nas escobillas e a bonhomía humana e instrumental do Sr. Cabezón, é un dos mellores do actual panorama musical galego.

Tres hurras por Roger de Flor&Silvestres!