23 Feb Coma o vento
Taru & Zamaramandi Reggae Band, é un proxecto que nace do amor e do respeto ó reggae sen perder a forza orixinal do estilo pero buscando diferentes raíces (rock, latin, ska) Taru encarna a voz principal nesta nova andadura, nel temos o primer compositor de reggae en galego, con diferentes traballos desde o ano 2000, tendo numerosas colaboracions con artistas do panorama musical, neste tempo tivemos tempo para velo en varias facetas dentro o reggae: como Vocalista, compositor e guitarra en Reggaeto e Os Paxaros Coiro, asi como armonias vocais e guitarra en Bush Doctors, Pinacle ou en formatos Sound Systen nacionais e internacionales como Eu-g sound, Masko Selektar (Portugal), Breizt Massive sound (Francia), Astur Sound (gijon), Soundkilla (colectivo de dj’s de diferentes comunidades: Galicia, Madrid, Barcelona, etc.) grabando dub plates (cancions adicadas) para Sound Systems, de toda a peninsula como Indica Sound (Malaga), Monster Sound (BCN), Nigthy Sound (Porto). Tamen participou nos recopilatorios: homenaxe Diplomaticos de Montealto “120 capadores” e “Voces Novas”, asi como multiples colaboracions con bandas, dj’s, e selektars de toda a peninsula.
Con numerosos concertos as súas costas e unha experiencia consolidada en escena, Taru presentanos esta nova proposta acompañado da banda viguesa Zamaramandi Reggae Band, finalista do concurso de grupos galegos de reggae no Reggae Festival One Fundation, finalistas tamen do Contest Reggae, prestixoso concurso do Rototom Reggae Festival en Italia.
Taru presenta o seu novo repertorio que xunto cos xa coñecidos temas “la vida no me va tan mal” “Para ti” “Baila” etc. demostra de novo a sua capacidade creativa e de composicion, un estilo moi personal onde o ritmo caribeño fusionase con melodias moi bailables que faran que non poidas deixar de moverte o ritmo do reggae.