
14 Feb Sen medo
Labazada é un grupo formado no 2006, que fan unha mestura de hardcore, metal e punk que como eles mesmos describen, “Mais que HardCore o que facemos é HiperCore”.
Son todos de Kompostela menos o baixista [Oskar] que é de Pontecesures e ensaian en Boullón [Brión].
Teñen dúas maketas editadas, unha no 2007 “Mákina infernal” e outra do 2008 do mesmo nome que o grupo, “Labazada”, e agora acaban de editar a demo “Sen Medo” [Decembro 2009].