Xasmin

Xasmin

Como os cantos de Ofelia afogan nunha lagoa, a música de XA’LUM rexurde do máis profundo da natureza transformando todo o silenciado. Os seus traballos musicais cheos de alegorías mitolóxicas dan vida e voz a todo aquelo que non queremos que exista. Nada (2018) é unha descrición crúa e melódica da pobreza, ISA (2021) e unha oda sonora o frío glacial e Tellus Mater (2023) e unha historia que recórdanos todos os sacrificios feitos polo noso corpo. Moi influenciada pola música tradicional galega, o rock progresivo e o hip-hop, XA’LUM non para de fusionar estilos e emocións. Dende pequena, experimenta cos sons e se afecciona aos instrumentos electrónicos, cunha paixón especial polos sintetizadores.