15 Mar Os gatos máis tolos de París
Minguante é un dúo de pop e canción de autor formado por Óscar Martnee (Voe, guitarra e caixón) e Miguel Alonso (voe, guitarra e harmónica). Nace en 2018 para realiear un par de concertos acústicos… e levan xa máis de 150 actuacións por toda Galiea. Nesta banda, cada un deles se reparte a composición das cancións e a voe principal. Así, atopamos cancións máis próximas ao indie, principal infuencia de Óscar, ou ao pop de autor, teima habitual de Miguel.
Ata o de agora, todos os seus temas son autoproducidos nos seus estudios caseiros, encargándose eles da gravación de todos os instrumentos. En plena pandemia de 2020 publicaron o seu primeiro EP, “Minguante”, con catro cancións que foron espallando pola rede; e, en maio de 2022, publicaron o seu primeiro disco, baixo o ttulo de “A incrible historia dos homes minguantes”. Tamén teñen un proxecto chamado “Minguante canta poesía galega”, no que inclúen poesía musicada dos seus proxectos en solitario, algúns temas novos e versións de clásicos da música galega (Aí vén o maio, Volvín á terra pero perdín o amor…).