King Kids

King Kids

Os King Kids son un grupo de música formado por oito rapaces e rapazas de entre 11 e 15 anos, unidos pola Escola de Música e Danza Maisón, do Porriño (Pontevedra). Adícanse a facer versións de temas coñecidos pero tamén contan con cancións propias, como é esta que agora vos presentamos, “Unha pegada túa”. Este ano foron os gañadores do concurso da TVG “A canción do Nadal” co seu tema “Un bo nadal” (adxuntamos o enlace do vídeo para que os coñezades), e cremos que son o grupo perfecto para amosar aos rapaces que a música en galego ten cabida en todos os estilos e en todas as idades. Eles mesmos son exemplo diso.