Concerto PunkInfantil

Concerto PunkInfantil

Punk para nenas? Por que non!?
E logo? Que hai máis punk ca unha nena?
punk é rebeldía, é pensar por ti mesma. Do it Yourself!! Faino ti ao teu xeito!! Como poidas,
como queiras e como che preste!
punk é ir a contracorrente, non ser coma a maioría porque cada unha de nós é diferente.
punk é berrar, rir, facer pis…
e tamén escribir as túas propias cancións, facer a túa banda, atopar a túa personalidade.
punk é protestar. Quen non chora non mama!! Sabemos o que queremos, sabemos o que
non queremos e estamos dispostas a chorar, cagar e patexar!!
Se non podemos xogar, non é a nosa revolución!!
Un cantante punk e un cantante infantil condenados a compartir escenario acaban creando
un delirio musical chamado “Concerto PunkInfantil”. Tras descubrirse e recoñecerse van
confluindo, progresivamente, nun espazo común dando como resultado este espectáculo
musical e de clown para todos os públicos, no que está presente o concepto punk máis alá
dos aspectos máis superficiais. Vencellado directamente co mundo infantil e as inquedanzas
das cativas e cativos.