20 Mar A Flor
Faíscas son Lara e Brais, e mais todas as súas vivenzas.
Buscan experimentar a través de mesturar diferentes estilos e técnicas, bebendo do tradicional e deixándose levar pola intuición.
Coa Voz, a guitarra, a pandeireta e o looper como instrumentos, Faíscas propón un proxecto intimista, en galego, que bebe de diferentes xéneros como o indie e o folk para plasmar as inquedanzas dunha xeración que mira cara atrás nun intento de reflexionar sobre o mundo actual pero sen caer na idealización dun pasado bucólico.