Correlingua | PAROLEIROS É O GRUPO GAÑADOR DO CONCURSO DE VÍDEO NA CATEGORÍA DE INFANTIL E PRIMARIA
29743
post-template-default,single,single-post,postid-29743,single-format-standard,qode-news-1.0,qode-quick-links-1.0,body_edicion-2019,body_noticias,body_videos,body_paroleiros-e-o-grupo-ganador-do-concurso-de-video-na-categoria-de-infantil-e-primaria,ajax_fade,page_not_loaded,,transparent_content,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-13.1.2,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.5,vc_responsive

PAROLEIROS É O GRUPO GAÑADOR DO CONCURSO DE VÍDEO NA CATEGORÍA DE INFANTIL E PRIMARIA

PAROLEIROS É O GRUPO GAÑADOR DO CONCURSO DE VÍDEO NA CATEGORÍA DE INFANTIL E PRIMARIA

O alumnado de 6ºB de primaria do CEIP Albeiros (Lugo) baixo o alcume Paroleiros gañou o concurso de vídeo do Correlingua coa seguinte proposta:

As nenas e nenos gañadores compartirán a xornada do premio co alumnado do CPI Cabo da Area de Laxe que gañou o concurso de BD. Xuntos visitarán o PAAR de Campo Lameiro pola mañá para logo pasar a tarde en Pontevedra, no Salón do Libro, onde teñen programada unha sesión de contacontos con Cris de Caldas e logo unha visita guiada ao Salón.

Desde a organización do Correlingua queremos darlle os parabéns aos Paroleiros do CEIP Albeiros por este vídeo tan elaborado e tamén agradecerlle a todo o profesorado e alumnado que nos enviou as súas propostas a súa participación nos concursos do Correlingua 2019. Esperamos as vosas propostas para o ano que vén!



Boletín de novidades

18

anos

200

centros

40000

rapazas e rapaces

2000

quilómetros