Correlingua | Os Portugas acadan o primeiro posto no concurso de Manifesto 2016!
17677
post-template-default,single,single-post,postid-17677,single-format-standard,qode-news-1.0,qode-quick-links-1.0,body_edicion-2016,body_manifesto,body_os-portugas-acadan-o-primeiro-posto-no-concurso-de-manifesto-2016,ajax_fade,page_not_loaded,,transparent_content,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-13.1.2,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.5,vc_responsive

Os Portugas acadan o primeiro posto no concurso de Manifesto 2016!

Os Portugas acadan o primeiro posto no concurso de Manifesto 2016!

A proposta do alumnado de portugués de 4º da ESO do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo conseguiu a mellor valoración entre os membros do xurado do Correlingua.

Logo dunha non fácil toma de decisión, o Manifesto que avocaba aos sentidos humanos como eixo inicial para desenvolver as diferentes ideas temáticas, colocouse no primeiro posto dentro das múltiples propostas presentadas. Desta maneira, as rapazas e rapaces ribadenses -xunto co resto de alumnado que gañe o concurso de video- disfrutarán o 4 e 5 de abril de dous días na zona de Pontedeume. Neles, as persoas do Albergue Alvarella terán organizadas múltiples actividades de lecer coas que non haberá tempo para aburrirse.

Cómpre tamén facer referencia a todo o alumnado e profesorado que trataron cuestións tan importantes como a normalización ou situación lingüística que vivimos nas súas aulas e mediante as propostas que nos enviaron. Sen elas e eles, unha parte moi importante do Correlingua non tería sentido. Esperamos as vosas propostas para a próxima edición, e esperamos poder premiarvos!!

Adxuntamos pois, o manifesto gañador; ensinándovos antes a reacción do alumnado de Ribadeo ao saber que conseguiran o premio.



Boletín de novidades

18

anos

200

centros

40000

rapazas e rapaces

2000

quilómetros