Bas Jan Ader

Bas Jan Ader

Esposa

Esposa saltan, bailan e sorrín mentres cantan as súas cancións de pop rápido, e iso despista. A alegría da súa música e a naturalidade da súa actitude pode levar a pasar por alto as tensións que laten debaixo e que os fan ser un grupo atípico: as letras en galego retratan personaxes con identidades en conflito e dúbidas xeracionais, as guitarras e as baterías nerviosas contrastan con dous sintetizadores máis atmosféricos, as voces femininas e as masculinas conflúen ás veces en temas eléctricos e velvetianos e ás veces nunha delicadeza que lembra aos Yo La Tengo máis sutís. Nin antigos nin modernos, nin banais nin pretenciosos, todo o que hai que rascar debaixo da superficie leva a identificar neles a cualidadeda mellor música popular: unha sinxeleza enganosa.

BoaMoi boaExcepcionalAdoro!Debe gañar!
[Puntuación media de 3,60 dun total de 5 votos]