Correlingua | Onde vai a luz?
19960
post-template-default,single,single-post,postid-19960,single-format-audio,qode-news-1.0,qode-quick-links-1.0,body_cantalingua,body_edicion-2016,body_interprete,body_onde-vai-a-luz,ajax_fade,page_not_loaded,,transparent_content,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-13.1.2,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.5,vc_responsive

Onde vai a luz?

Onde vai a luz?

DeLombaos: Os comezos do grupo remóntanse a novembro do 2013, no local de ensaio situado en Lombaos, de onde se sacou posteriormente a idea para o nome do grupo. Neste tempo, e mentres se consolidaba a que sería a primeira formación da banda, foron xurdindo as ideas musicais que darían forma ao que actualmente é o estilo de deLombaos. Esta primeira formación tiña a Fosi como vocalista, Álex á guitarra, Julia ao baixo e Markos na batería e coros.

En canto ao estilo do grupo, non nos podemos rexer por unha única corrente musical, pero principalmente tómanse como referencia o funk e o rock, fusión de estilos que se ve reflectida de forma clara nos temas compostos pola banda.

Con respecto ás letras das cancións, sobre todo falan de emocións e sentimentos pero tamén con espazo para algunha que outra crítica social. Xa por maio do 2014, o grupo meteuse nos estudos de gravación de Xonix Records para gravar “Vou a por ti”, o que sería o tema de presentación do grupo.

No verán do mesmo ano deLombaos comezou a dar os seus primeiros concertos, a maioría pola zona de Compostela, pero chegando a tocar tamén pola Mariña Lucense e pola Ría de Arousa.

En novembro o grupo volta aos estudos de Xonix para gravar unha versión incluída no álbum homenaxe a Manuel Seixas, participando a banda co tema “Xuntos pero non revoltos”.

Na primavera do 2015, Álex, guitarrista de deLombaos, deixou o grupo por motivos persoais, e non é ata o mes de maio cando se une ao grupo David Barbas como novo guitarrista.

Despois duns meses de ensaio xurdiu a idea de incorporar outro membro ao grupo, Eddie ao trombón de varas, engadindo o toque definitivo que marca o estilo da banda.

Xa coa formación definitiva, deLombaos volta a Xonix Records con Lolo Arincón, para desta vez gravar o seu primeiro traballo que sairá á venda en formato físico, o EP de título “Onde vai a luz?”.

Se vostede está interesad@ en contratalos e ten sorte, quizais poida contactalos chamando ao: 633101182.



Boletín de novidades

18

anos

200

centros

40000

rapazas e rapaces

2000

quilómetros