Correlingua | Días raros
18447
post-template-default,single,single-post,postid-18447,single-format-audio,qode-news-1.0,qode-quick-links-1.0,body_cantalingua,body_edicion-2014,body_interprete,body_miguel-alonso-2,ajax_fade,page_not_loaded,,transparent_content,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-13.1.2,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.5,vc_responsive

Días raros

Días raros

Miguel Alonso é ferrolán e cantautor. Ten publicado un disco “A noite dos cans” (2010) e un EP “O día despois da noite dos cans” (2013). Participou tamén en varios discos colectivos. Durante estes anos xirou de forma continua por toda Galicia e Península, incluíndo televisión e radios, presentando o seu traballo, maioritariamente en lingua galega.

Recibiu varios premios, destacando entre eles o “Xuventude Crea” 2010 da Xunta de Galicia (do que tamén foi finalista no 2013) e o “Lidera Ferrol” 2013 do Concello de Ferrol. Ademais da súa faceta musical é tamén escritor e ten publicado artigos de opinión e poemas en diversos medios físicos e dixitais.

Tamén ten organizado e dirixido traballos colectivos, sendo o máis destacado “Once máis 15”
(2009), un traballo no que coordinou a quince bandas e solistas galegos que musicaron a once poetas de todas as épocas da literatura galega.

En directo acompáñase de varios músicos, segundo a ocasión. Habitualmente tocan con el Javier Santana (guitarras e mandolina), Juan Aparicio (baixo) e Iago Blanco (batería, percusións e coros).
Agora prepara novo disco, grazas á bolsa que lle concedeu o Injuve e anda a musicar poesía
galega actual para un novo traballo. Para máis información podedes visitar a súa web:

www.miguelalonsoweb.tk



Boletín de novidades

18

anos

200

centros

40000

rapazas e rapaces

2000

quilómetros