Correlingua | Os sons que nos unen
18441
post-template-default,single,single-post,postid-18441,single-format-audio,qode-news-1.0,qode-quick-links-1.0,body_cantalingua,body_edicion-2014,body_interprete,body_bule-bule,ajax_fade,page_not_loaded,,transparent_content,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-13.1.2,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.5,vc_responsive

Os sons que nos unen

Os sons que nos unen

Os Bulebule son un grupo de rapaces e rapazas que cursan 1º de Bacharelato no IES
Xelmírez II, e que se atoparon durante as súas aulas de Música. Co tempo, empezaron a sentir que
conectaban de tal xeito, que só se podería comparar co aliñamento dos planetas no espazo, co paso
dunha  cometa  cada  1000  anos,  ou  o  nacemento  dunha  nova  estrela.  Un  destes  fenómenos
extraordinarios que acontecen raramente.

Dos seus encontros, da enerxía que xurdiu, xermolou este proxecto musical. Os sons que
nos unen trata sobre a lingua, si, pero especialmente sobre quen son eles e o feitizo máxico que os
levou  a  xuntarse?  estes  auténticos  “bulebule”,  fervellos  inquietos  que  se  expresan  a  través  da
Todo o proceso de creación e ensaio foi en si mesmo un agasallo, e a implicación de tódolos
compoñentes do grupo, o seu esforzo e dedicación, síntense en cada nota. Desfrutade e cantade sen
medo con Os sons que nos unen!

O grupo Bulebule está formado por: Carlos Lema Salvado (voz, guitarra e gaita), Irene
Merino Jiménez (voz e percusión), Carlos Álvarez Castro (voz, guitarra, gaita e percusión), Laura
Bouzas Vázquez (voz  e  percusión), Lucía Otero  del Río (voz  e  percusión),  Pedro Calvo Alboz
(piano, teclados e voz), Verónica Baleato Castro (voz e percusión) e Tamara Adrán Naveiro (voz e
percusión).

Na composición do tema musical Os sons que nos unen axudaron tamén: Nuria Vilares
Fernández e Antía Ferreiro Troiteiro.



Boletín de novidades

18

anos

200

centros

40000

rapazas e rapaces

2000

quilómetros