Por que razón

Por que razón

Dende 1995 leva Óscar Fojo formando parte do panorama musical de Ferrolterra.

Ás veces como batería, percusionista, outras como guitarrista ou cantante. Entre os grupos de moi variados estilos nos que participou, cabe destacar Retobato, Zinza, Charetas, Amacuca, Odio Extremo, Ruído Urbano…

No ano 2002 decide gravar a súa propia música e plasmar as súas letras na primeira maqueta caseira baixo a sinatura de “La Patraña”, á cal lle seguirían dez demos máis con máis de oitenta temas en total. Moitas destas cancións poidéronse escoitar ao vivo dende 2004 ata 2007, tempo que andivo funcionando o grupo formado baixo o mesmo nome.

No 2008 nace “El Viejo Caracol”, un novo proxecto onde dar cabida a novas composicións e buscar novos camiños que se afastan un pouco do lado máis punk e levan á banda a conseguir un son propio no que se mesturan diferentes vertentes musicais.

Máis información: