Por verte sorrir

Hugo Torreiro

Por verte sorrir

Hugo Torreiro

Por que imos desaproveitar a oportunidade de facer música nunha lingua da que só nós podemos presumir?” Deste xeito referíase Hugo Torreiro á presenza da lingua galega na música nunha das últimas entrevistas publicadas nos medios de comunicación. O seu compromiso co galego foi dende sempre total.

Hugo, que aos seus dezanove anos xa ten dous traballos discográficos no mercado, pensa que as linguas abren portas, e na música tamén. Participou no Correlingua 2009, en varios concertos nos que foi moi ben acollido pola marea humana que encheu as rúas das vilas galegas.

Actualmente preside a Asociación Sons de Base, unha entidade sen ánimo de lucro que proporciona recursos a pequenos grupos de música galegos para que teñan a oportunidade de amosar o seu traballo de cara ao público, unha asociación, ademais, integrada dende hai varios meses na plataforma Queremos Galego.



Boletín de novidades

18

anos

200

centros

40000

rapazas e rapaces

2000

quilómetros