Ten orgullo

Aphonnic

Ten orgullo

Aphonnic

Despois de dous discos editados, “Silennce” (Pai Musica – 2003) e “Foolproof” (autoedición – 2006), Aphonnic presentan o seu terceiro traballo “6bajopar” que de novo volve a sorprender en cada un dos cortes, xa non so pola calidade dos mesmos senón pola súa nova e firme aposta, unha nova etapa chea de ilusións e trocos, melodía e sentimento mestúranse cun ritmo asombroso sen abandonar o metal.

Gravado, mesturado e masterizado nos estudos Areamaster de Vigo por Alberto Castro, Aphonnic abren esta nova etapa da súa carreira cheos de ilusión e asumindo trocos, mesturando ritmos asombrosos, mais actuais que nunca, facendo de “6bajopar” una das mellores propostas estatais no seu estilo.