Aire

Caruma - Aire

Aire

Caruma - Aire

Caruma nacemos como grupo a finais de xaneiro de 2004 coa intencion de facer musica en galego. Dende o principio tratamos de facer música orixinal e puxémonos a traballar nas ideas que aportamos cada un de nós.

Froito dese traballo é o noso repertorio, que contén cancións nas que se mestura o folque con outros estilos máis pop ou latinos, incluíndo tamén un blues e un reggae. As letras son na súa maioría compostas por nós e un par de cancións teñen letras de Rosalia de Castro ou Cabanillas. A temática das letras abrangue dende o amor ata temas da actualidade máis dura como é a inmigración ou a explotación dos nenos no mundo.

Na actualidade Caruma formámolo 7 compoñentes:

  • Joseíto Reyes: baixo eléctrico/ arranxista e director
  • Jaime Simón : guitarra
  • Carmen Redondo: Voz
  • Tere Carrera: Voz
  • José Moldes: Batería
  • Loli Dios: Acordeón
  • Marcos: Teclado

A nosa proposta musical é un amplo repertorio de música propia en galego, entre o que estarían cancións como:
Certa historia, Vaguedás, Noite de muiñada, A patera, Neno, Soia, Aire, Para América, Rio Lérez, Quéreme, Perdida, Día de foliada, O mellor de ti, …