Correlingua | Un novo espertar
29194
post-template-default,single,single-post,postid-29194,single-format-audio,qode-news-1.0,qode-quick-links-1.0,body_cantalingua,body_edicion-2019,body_interprete,body_un-novo-espertar,ajax_fade,page_not_loaded,,transparent_content,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-13.1.2,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.5,vc_responsive

Un novo espertar

Un novo espertar

Cuarta Xusta

Somos Marta, Lúa, Alberto, Alba e Aida e gústanos berrar con música as inxustizas que nos rodean.

Esta agrupación xorde a comezos do ano 2016 como resultado da paixón pola música dos seus integrantes. Así pois, Cuarta Xusta comeza a súa andaina versionando temas de grupos coñecidos e sobe por primeira vez ós escenarios no Festival Presume de Galego do mesmo ano, aínda que neste momento os instrumentos que se atopaban na banda difiren dos da actualidade, xa que as guitarras eran acústicas e non había nin baixo nin batería.

Foi a partires deste momento cando o grupo comeza a traballar para compoñer temas propios que parten das inquedanzas que afectan á nosa sociedade e sempre na nosa lingua. Ademais disto, tamén comezaron os cambios a nivel instrumental introducindo xa batería.

Durante o 2016, a banda actuou en diversos eventos e lugares como poden ser o I Oktoberfest de Melide ou o concerto no IV Campamento Musical de Agolada. Xa a finais deste mesmo ano prodúcese outro gran cambio a nivel instrumental coa introdución de baixo e cambiando as guitarras acústicas polas eléctricas.

No 2017 a banda segue a súa andaina musical participando en festivais como o Kurrala Rock, así como dando concertos varios e compartindo escenario con outros grupos do panorama galego como Superoito ou Zënzar, cuxo vocalista interpretou un tema con Cuarta Xusta no Festival Presume de Galego. A finais deste mesmo ano comeza a preparación para a gravación do seu primeiro traballo discográfico Un novo espertar, a cal se levou a cabo durante o mes de xaneiro do 2018 en Arzúa por Paco Cerdeira. Este proxecto foi presentado o día 10 de marzo no Pub Gatos de Melide e inclúe oito temas propios que seguen unha marcada liña social e conta con grandes colaboracións do eido musical galego.

No mes de maio do 2018, Cuarta Xusta faise tamén co primeiro posto no concurso do Cantalingua, ofrecendo diversos concertos espallados pola xeografía galega ó alumnado dos centros que participan no Correlingua e que se suman así ós concertos da propia presentación do traballo discográfico cos que recorreron diversas vilas e festivais como o Noceda Rock, o Antrospinos ou o Revenidas. Actualmente o novo espertar segue xirando para achegar os berros desta formación a máis persoas e con novos proxectos baixo o brazo que irán saíndo á luz.

Saúde e Rock and Roll!!



Boletín de novidades

18

anos

200

centros

40000

rapazas e rapaces

2000

quilómetros