Bases

Descarga as bases: cantalingua bases 2024

  1. 1. Cantalingua é un concurso musical destinado a bandas ou solistas que desenvolven a súa actividade en galego, organizado polo Correlingua.
  2. 2. Poden participar grupos musicais ou solistas de calquera estilo que teñan o galego como lingua.
  3. 3. Poderase participar cunha canción por cada grupo ou solista que será enviada en formato mp3 a correlingua@gmail.com  desde o 6 de febreiro ata as 24:00h do 6 de marzo de 2024.
  4. 4. A canción que se presente deberá ser orixinal -fican excluídas as versións- e en lingua galega. 
  5. 5. Excluiranse as cancións que teñan contidos de carácter sexista, homófobo, racista, violento, discriminatorio, en definitiva, contidos inadecuados ou contrarios aos fins pedagóxicos e educativos do Correlingua ou que a organización considere pouco adecuados para o público destinatario.
  6. 6. Ademais do tema en formato MP3 deberase enviar unha pequena presentación da banda completa ou solista, unha fotografía, e indicar os seguintes datos: enderezo fiscal, enderezo electrónico, teléfono e persoa de contacto, sitio web e link as súas RRSS.
  7. 7. As cancións participantes colgaranse na páxina correlingua.gal/cantalingua/ e publicitaranse por outras canles e redes sociais para que cheguen ao maior número de persoas posíbel. Tamén se creará unha playlist en Spotify que será compartida cos centros de ensino participantes do Correlingua.
  8. 8. O xuri estará integrado por alumnado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato de centros participantes no Correlingua e por membros da organización do Correlingua, e determinará os grupos ou solistas gañadores.
  9. 9. Os gañadores serán dados a coñecer en marzo de 2024 a través da páxina do Correlingua.
  10. 10. O premio consistirá en actuar dentro da programación do Correlingua. As actuacións repartiranse entre os tres primeiros clasificados de maneira equitativa, cunha remuneración de:
    600€ brutos* por actuación dun/ha solista
    800€ brutos* por actuación de grupo ata 3 compoñentes
    1.100€ brutos* por actuación de grupo de ata 5 compoñentes
    1.300€ brutos* por actuación de grupo de 6 ou máis compoñentes.
    No caso de que algún dos gañadores non puidera participar nalgún dos concertos a lista iría correndo até completar todas as datas cos grupos.
    *Con todos os impostos incluídos
  1. 11. Todos os concertos serán pola mañá no mes de maio de 2024 e terán unha duración aproximada  de  30  minutos  nos concertos  compartidos e 50 minutos nos feitos en solitario.
  2. 12. Para poder participar nas actuacións e Festas do Correlingua 2024 é imprescindible terse presentado ao concurso Cantalingua.
  3. 13. Os grupos seleccionados comprométense a que todo o concerto e a comunicación dos grupos que actúen no Correlingua sexa integramente en galego. As letras deberán ser axeitadas ao carácter pedagóxico da actividade e á idade do alumnado que vai de infantil a secundaria. O comportamento e a linguaxe empregada durante as actuacións debe axustarse ao público.
  4. 14. En caso de incumprimento do punto anterior a organización do Correlingua reserva para si o dereito de cancelar os seguintes concertos do grupo e anular o premio concedido inicialmente.
  5. 15. A participación no concurso implica a aceptación destas bases.

Panel de preferencias de privacidade

Cookies nativas da web

Son propias do Wordpress e dos plugins que usamos para por exemplo controlar a visibilidade deste aviso.

wordpress_test_cookie, wp-settings-1, wp-settings-time-1, cookie_notice_accepted, gdpr[allowed_cookies], gdpr, gdpr[consent_types]

Métrica

Usadas por Google, para ferramentas de medición de visitas (Analytics)

1P_JAR, APISID, CONSENT, GMAIL_RTT, GOOGLE_ABUSE_EXEMPTION, HSID, NID, S, SAPISID, SID, SIDCC, SSID, GoogleAccountsLocale_session, _ga, _gid, _gmb_ga_test

Outras

Para partillar nas redes sociais (gstatic.com)

CONSENT, NID