07 Abr O alumnado do CPI Suárez Marquier do Rosal, baixo o alcume Os catas da mata, gaña o concurso de vídeo 2017
As rapazas e rapaces do CPI Suárez Marquier do Rosal gañaron o concurso de vídeo do Correlingua 2017. Na súa proposta amosáronnos a contradición entre a vida escolar, co castelán como lingua vehicular obrigatoria en moitas materias, e a vida cotiá, ámbito galegofalante.
O xurado considerou gañador a Os catas da mata pola súa precisión á hora de reflectir esta situación incoherente de afogamento do galego no ámbito educativo, á que tamén fai referencia o lema do Correlingua deste ano, en galego, sen cancelas.
Podedes ver o vídeo na ligazón.