11 Abr Xa temos gañador@s do Cantalingua 2013
Monoulious, Balbina e Lydia Botana animarán as festas do Correlingua 2013
O fallo do xuri do Cantalingua 2013 composto por grupos de alumnado pertencentes aos seguintes centros de ensino: IES María Sarmiento de Viveiro, IES de Arzúa, e CPI Vicente Otero de Carral foi o seguinte:
- 1º- Monoulious co tema Cansión Jallejo-Americana
- 2º- Balbina co tema Cantar Cantei
- 3º Lydia Botana co tema Quen nos queima
Como sabedes o premio consiste en 10 actuacións no Correlingua que terán lugar integramente en galego e que se repartirán entre os grupos gañadores.
Desde as entidades organizadoras do Correlingua 2013 (CIG-Ensino, AS-PG, A Mesa pola Normalización Lingüística, concellos de Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo e Vicepresidencia da Deputación de Lugo) queremos agradecer a todos os participantes a súa colaboración con este proxecto de difusión da nosa música e parabenizar os grupos gañadores.