10 Out POSADOIRO CORRELINGUA 2019
Chega a última actividade do Correlingua 2019: o Posadoiro
Desde o Correlingua organizamos un Posadoiro para facer nos centros participantes nesta edición 2019. A actividade consiste en que o alumnado pose diante da imaxe do Correlingua 2019 en grupo cos materiais que elaboraron para asistir ás festas finais do Correlingua (pancartas, camisolas… etc) e que no centro se fagan as fotografías para seguir difundindo a mensaxe normalizadora do Correlingua 2019: o galego é a fórmula!
Do 10 ao 25 de outubro os centros farán chegar as fotografías do Posadoiro ao noso enderezo electrónico correlingua@gmail.com e a partir do 25 de outubro subiremos as fotos á nosa web correlingua.gal e ás nosas páxinas de Instagram e Facebook. Así mesmo, animamos aos centros a compartir estas fotos nas súas webs.