13 Xul Pauliña gaña o Cantalingua 2021
Aquí presentamos os gañadores do Cantalingua 2021
A canción de Pauliña, Rexurdimento, foi a gañadora da edición de 2021 de Cantalingua.
Paula Chaves, máis coñecida como Pauliña no panorama musical é unhas das voces femininas con máis carácter e personalidade de hoxe en día. A súa imaxe provocadora, a súa forma de ser: directa, sinxela, achegada…, non deixa indiferente a ninguén.
Se queredes escoitar a canción tendes que ir aquí: https://correlingua.gal/cantalingua/rexurdimento/
A seguir foi elixir a canción de Os Johns Deeres, Mala Herba. Os John Deeres levan unha chea de anos facendo hard rock en galego. Ao Cantalingua presentan “Mala herba”, un dos 4 temas do seu último EP, Cinzas, publicado en decembro de 2020 e gravado no local ensaio aproveitando o parón do COVID-19. Con el presentan a súa nova formación, na que se incorpora Vane García á voz.
Podes escoitar Mala herba aquí: https://correlingua.gal/cantalingua/mala-herba/
A terceira canción elixida para Cantalingua 2021 é a de Monoulius DOP, Inmunízate co galego. Monoulious DOP nace en 2012 como un proxecto musical único e exclusivo para internet. A curiosidade de Ula e Mon, dous amigos de toda a vida, fai que empecen a subir videoclips que eles mesmos producen e que coa forza das redes sociáis pronto contan co apoio do público. Este empuxe da xente é o que os incita a tocar en directo en formato a dúo acústico.
Se queres escoitar a canción de Monoulios DOP, podes escoitala: https://correlingua.gal/cantalingua/inmunizate-co-galego/