15 Mar Participa nas actividades do Correlingua 2023
Queres participar nalgunha das actividades do Correlingua 2023 coa túa aula? Podes anotarte na regueifa colectiva de Regueifando! con outros centros de Galiza ou podes sumarte aos obradoiros de escrita Desata a lingua, que servirán para crear o manifesto do Correlingua 2024 ou tamén no Crealingua o concurso de libre creación artística.
Regueifando!
Faremos unha gran regueifa colectiva.
Enviamos un titorial, a partir do cal crearedes 3 coplas na aula que se mandarán ao seguinte centro para que a continue. Teredes que facer unha gravación das vosas 3 coplas e con todas as gravacións dos participantes editaremos un vídeo. Na edición do 2022 participaron 27 grupos doutros tantos centros de ensino de toda Galiza. Esta actividade xa está en marcha, queres sumarte a ela? Adxudicación por orde de inscrición. Prazas limitadas!
Desata a lingua.
Obradoiros de escrita creativa impartidos por escritoras en aulas de 1º e 2º da ESO
Desde hai xa dúas edicións comezamos con estes obradoiros coa intención de elaborar un manifesto colectivo. O manifesto desta edición é o resultado dese traballo feito nos centros no último trimestre do 2022. Os obradoiros que fagamos no 2023 darán como resultado o manifesto do Correlingua 2024. Adxudicación por orde de inscrición. Prazas limitadas!
Crealingua:
Concurso libre de creación artística en galego.
O Crealingua é unha ventá aberta ao idioma, agardamos polas vosas creacións en Banda Deseñada, Tik Tok, vídeo, blog e toda aquela produción feita polo alumnado. Data límite para o envío do material: 15 de abril
O premio consistirá nunha clase maxistral cun/ha profesional do ámbito no que participe o grupo gañador.
Para anotarvos nas actividades enviade un correo é correlingua@gmail.com