O CPI de Mosteiro-Meis gañadores do Crealingua 2025

O CPI de Mosteiro-Meis  gañadores do Crealingua 2025

O CPI de Mosteiro-Meis gañadores do Crealingua 2025

Crealingua, o concurso de creación libre en galego impulsado polo Correlingua, celebrou a súa última edición premiando a calidade e a orixinalidade das propostas dos escolares galegos.

Na súa edición deste ano, os traballos gañadores foron presentados por estudantes de 3º de Primaria do CPI Mosteiro Meis(Pontevedra). Este alumnano destacou pola súa capacidade de combinar coñecementos de ciencia e creatividade nun formato audiovisual atractivo e educativo.

O CPI de Mosteiro-Meis  gañadores do Crealingua 2025

O CPI de Mosteiro-Meis  gañadores do Crealingua 2025

O CPI Mosteiro Meis demostra o compromiso do centro coa educación en galego e coa formación integral do seu alumnado, promovendo a creación de contidos que lles permiten explorar e transmitir os seus coñecementos dun xeito único.

Como premio, o Correlingua ofreceulle ao grupo gañador un diploma  e un obradoiro impartido por unha persoa profesional do ámbito das artes. Nesta ocasión gozaron da presenza do coñecido ilustrador Kiko Dasilva.