11 Abr Mekánika Rolling Band, Paco Nogueiras e Pauliña ganan o Cantalingua 22 e actuarán nas Festas que comezarán no vindeiro mes de maio
Mekánika Rolling Band, Paco Nogueiras e Pauliña son os gañadores da edición do Cantalingua desta convocatoria de 2022 e participarán nas Festas convocadas en espazos públicos e centros escolares das catro provincia e que comezarán no vindeiro mes de maio. O xurado escollei a Mekánika Rolling Bando como banda gañadora, a Paco Nogueiras como segundo e a Pauliña, gañadora da edición 2021, como terceira. Na convocatoria deste ano, o xurado valorou a alta cualidade de todas as canción presentadas e tamén, a cantidade de grupos e solistas que se presentaron este ano á convocatoria, 35 en total, que duplica o numero de grupos en outras convocatorias.
Mekánika Rolling Band gañou coa canción “En busca da festa”. A Mekánika Rolling Band é un grupo de animación de rúa, que conta cun escenario móvil autoamplificado, e que incorpora efectos visuais de lume e pirotecnia a parte dun show enérxico, participativo e dinámico. No formato de escenario o show tamén inclúe efectos de lume e pirotecnia. Conta cunha traxectoria de 15 anos, nos que xiraron por toda a península e parte de Europa, exportando a música galega pola Península e a países como Alemania, Austria, Francia e Italia. A banda está formada por Nolo Chazo a Batería, Pepe Noya ó baixo, José Hermo a guitarra, Martín Chenlo ó trombon, Adrián Trillo ó saxo alto, Daniel Vieito ó saxo tenor e voces e Aitor Garcia ó keytar e voces. No ano 2017, foron semifinalistas no Concurso GOT TALENT SHOW de Telecinco. Dende fai 5 anos, lideran o Ranking da plataforma Orquestas de Galicia facendo unha media de 90 concertos por temporada.
O segundo premio desta edición foi para Paco Nogueiras, coa canción, “Fálame!”, que aproveita o lema deste ano do Correlingua para animar á rapazada a usar o galego. Paco Nogueiras é un músico convertido a actor e un actor convertido en músico. Percorre o país cos espectáculos “Brinca Vai!”, “Radio Bulebule” e “Extra!” nos que se combinan cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos. Visitando escolas, bibliotecas, auditorios, rúas, prazas, vilas, aldeas…. Viaxará alí onde alguén queira cantar, rir, bailar ou simplemente escoitar coas mans e as orellas ben abertas! Os diferentes rexistros de Paco Nogueiras convírteno nun ser de espectáculo “todoterreno” capaz de afrontar retos de todo tipo.
O terceiro posto nesta edición do Cantalingua foi para Pauliña, a banda foi a gañadora da edición pasada desta mesma convocatoria. A canción deste ano é “Revolta eterna”. Pauliña ten á cambadesa Paula Chaves “Pauliña” a fronte e son moitas as súas influenzas musicias que van dende o country o blues pasando polo folk, rock, ska, etc., conxugando todos estes estilos musicais nunha mestura a cal lle imprimen o su selo propio, sendo unha proposta musical diferente e innovadora, que fai que os seus concertos non deixen a ninguén indiferente.
Podedes escoitar na seguinte ligazón as tres cancións gañadoras desta edición e o resto das pezas presentadas a esta convocatoria do Cantalingua