Manifesto Correlingua 2026: “Co Galego No Corazón, Facemos Revolución”

Manifesto Correlingua 2026: “Co Galego No Corazón, Facemos Revolución”

Chegou a hora da revolución! E é cousa nosa. Das mozas e mozos que saímos ás rúas para defender a lingua con amor e intelixencia. 

Chegou a hora! Porque…

CO GALEGO NO CORAZÓN, FACEMOS REVOLUCIÓN

Unha revolución que é nosa porque somos presente e futuro da lingua. Porque queremos ser diversidade, empatía e respecto.

Porque nos preocupamos pola nosa cultura. Polo noso legado. Polo noso territorio. Pola nosa educación. 

Porque non permitiremos que ningunha lingua deixe de latir. E menos aquela que nos fai galegas e galegos. 

Aquela que fala de onde vimos e a onde queremos chegar.

E ti tamén podes unirte á esta revolta. E dicir sen vergoña:

CO GALEGO NO CORAZÓN, FACEMOS REVOLUCIÓN

Ti, que non o falas todos os días, pero sabes falalo.

Ti, que o levas pegado na alma. 

Ti, que o falas pero non en todos os sitios.

Ti, que queres aprendelo porque ves o mundo dende a curiosidade. 

Ti, que aínda non sabes que unha lingua pode medrar no teu peito. 

Ti, que non tes prexuízos. 

Ti, que rompes cos prexuizos.

Ti… podes ser o futuro.

E berrar ben forte, para que todo o mundo escoite:

CO GALEGO NO CORAZÓN, FACEMOS REVOLUCIÓN

E tamén vós, que coidades, ensinades, decidides e informades. 

Vós, que abrazades e transmitides. Que podiades pasar, pero non pasades. Que vos preocupades polo noso porvir. 

Tamén vós podedes unirvos a esta marcha imparable, necesaria e xusta.

E podedes falar para que ningunha lingua quede muda. Para que se escoite ben lonxe que:

CO GALEGO NO CORAZÓN, FACEMOS REVOLUCIÓN

Pois a revolta máis poderosa é a que nos fai ser nós.

E CO GALEGO NO CORAZÓN

FACEMOS REVOLUCIÓN. 

 


Este manifesto é o resultado dos obradoiros ‘Desata a lingua’ celebrados no 2025 no que participaron alumnas e alumnos do IES Antón Fraguas  (Santiago), CPI Virxe dos Remedios (Castro Caldelas), IES Xermán Ancochea Quevedo (A Pobra de Trives), IES Sanxillao (Lugo), IES do Camiño (Palas de Rei), IES de Ribadeo Dionisio Gamallo (Ribadeo), IES Eduardo Pondal (Ponteceso), IES Isidro Parga Pondal (Carballo), IES do Milladorio (O Milladoiro), IES Rosalía de Castro (Santiago), CPI de Mosteiro (Meis), IES Alfonso X O Sabio (Cambre), IES Xograr Afonso Gómez (Sarria). Os obradoiros foron impartidos polas escritoras María Lado, Lucía Aldao e Antía Yañez.