15 Xul Gañamos os Premios Rosalía de Castro en promoción da lingua galega!
Temos o enorme pracer de informarvos de que resultatamos gañadores dos Premios Rosalía de Castro organizados pola Deputación Provincial da Coruña.
O xurado considerou que Xabier P. do Campo, as Escolas Semente e máis o Correlingua destacan o compromiso, a capacidade de introducir o galego desde a infancia entre as máis cativas e cativos e manter ese uso vivo a medida que medran a través de múltiples actividades como as carreiras pola lingua organizadas polo Correlingua.
Van xa 16 anos de vida deste proxecto e, agora máis que nunca, queremos agradecer a todo o profesorado e alumnado a súa participación, o seu apoio constante na normalización do galego e as súas gañas para intentar mudar a situación lingüística na que vivimos.
Moitas grazas e parabéns ao resto de premiados!