GALEGO, A CHAVE DO MUNDO, Lema do Correlingua 2013

GALEGO, A CHAVE DO MUNDO, Lema do Correlingua 2013

O lema do Correlingua 2013 será “Galego, a chave do mundo” en referencia aos primeiros versos do poema a A Fala de Manuel María incluído en As rúas do vento ceibe de 1979.

Con este lema celebraranse todas as actividades do Correlingua 2013, a comezar polos concursos de Manifesto, Banda Deseñada, Vídeo, así como os as diferentes festas do Correlingua que percorrerán o país enteiro en maio, abrindo o mundo coa chave do noso idioma.

Aquí deixamos unha ligazón á páxina da Fundación Manuel María de Estudos Galegos, onde escoitar e descargarun tema de Roi Casal coa letra deste poema de Manuel María.

Aquí tamén podemos ver Uxía interpretando o tema A Fala, incluído no seu último disco: Andando a terra. Uxía canta Manuel María.