E O TRABALLO GAÑADOR DO CREALINGUA 2026 É…

E O TRABALLO GAÑADOR DO CREALINGUA 2026 É…

O alumnado de 3° e 4° de Primaria do CEIP Cornide Saavedra da Coruña impúxose como gañador do #crealingua2026 co seu traballo «Instrucións para comezar a falar en galego».
A comisión avaliadora salientou, alén da calidade audiovisual da proposta, a orixinalidade da mesma e o feito de usar a lingua galega non só como vehículo senón tamén como temática central da creación.
Destacouse, ademais, o feito de ser un traballo en equipa elaborado no mesmo centro.
Desde aquí os nosos parabéns á(os) 20 alumnas e alumnas implicados/as e á profa Mariña Lema.

Visualiza aquí:  INSTRUCIÓNS PARA COMEZAR A FALAR EN GALEGO. 

Seguimos! #correlingua2026 #crealingua2026