CORRELINGUA 2026 MONFORTE DE LEMOS

CORRELINGUA 2026 MONFORTE DE LEMOS

Hoxe Monforte de Lemos echeuse das cores do Correlingua. Centos de rapazas e rapaces de centros de ensino de Monforte, O Saviñao, Portomarín e a Rúa de Valdeorras percorreron a vila berrando o lema desta edición “Co galego no corazón, facemos revolución”. Houbo tempo tamén para cantar e bailar ao ritmo das cancións de @cuartaxusta que puxeron a nota festiva a una xornada de reivindicación conducida polo actor @fran.lians . ✨💜🤍♥️💙

Agradecemos a todas e cada unha das entidades colaboradoras que fixeron posible este encontro de hoxe pola lingua. Detrás de cada unha das carreiras do Correlingua hai moitas persoas traballando e a cada unha delas pertence o mérito ✨✨