CORRELINGUA 2026 MOAÑA

CORRELINGUA 2026 MOAÑA

Así foi a terceira das #festascorrelingua2026 en #Moaña!

Arredor de 1700 alumnas de centros educativos de Moaña, Cangas e Bueu levaron a súa mensaxe de amor e revolución polo galego desde o Parque da Xunqueira ao Palco da Música de Moaña, onde se levou a cabo a lectura do Manifesto coa participación especial da @once.es dentro da súa campaña “Actividade de sensibilización do club de braille da Once”.

A festa, conducida polo artista @fran.lians contou coa actuación musical dos @mekanikarollingband que puxeron o lazo a un día de andaina e arengas pola lingua. .

O noso agradecemento hoxe, coma sempre, ás profas, técnicas, xestoras, artistas e institucións que fan posible estas carrreiras pola lingua galega.

Seguimos! ✨🤍💙💜♥️