CORRELINGUA 2026 VIGO

CORRELINGUA 2026 VIGO

Hoxe foi fermoso ver as rúas e o Parque de Castrelos en #vigo ateigados de alumnado dos vinte e seis centros educativos que se deron cita na cidade para facer camiño e alzar a voz en defensa do galego.
A rapazada, chegada desde Ponteareas, Salvaterra de Miño, Gondomar e a propia cidade olívica portou as súas pancartas con emblemas reivindicativos e emocionantes.

Soou ben alto en cada recuncho o lema desta edición e a lectura do #manifesto veu coa sorpresa da participación de Juan Cadavon en representación da campaña de “Actividade de sensibilización do club de braille da Once”.

Tamén houbo lugar para a música, da man de @musicamiuda e @zeltia_irevire

Hoxe Castrelos foi unha festa e agradecemos que así fose a cada unha das persoas que a fixeron posible, así como ás institucións implicadas. ✨💙💜♥️
Longa vida ao galego no corazón.

#festascorrelingua2026