20 Mai CORRELINGUA 2026 RIBADEO
Hoxe foi día de festa para o alumnado dos centros de ensino da Mariña. A súa Festa Correlingua 2026 celbrouse en Ribadeo cun total de trece centros de ensino de Ribadeo, Mondoñedo, Burela, Cervo, Xove, Lourenzá e O Valadouro.
Os acto de festexo, celebrado en dúas quendas, foi conducido polo artista Fran Rei e estivo amenizado por @paconogueiras e o grupo musical @sniffandcrash que puxeron a toda a rapazada a bailar antes e despois das andainas nas que berraron as súas arengas en defensa da lingua galega.
Agradecemos especialmente ao alumnado de Animación Sociocultural do @cifpportadaauga de Ribadeo, que acompañou ao alumnado de infantil con actividades lúdicas e educativas.
Temos que agradecer, tamén, o traballo de todas e cada unha das persoas e institucións colaboradoras que fixeron posible un ano máis o Correlingua na Mariña. Longa vida! ✨🤍💙💜♥️ #festascorrelingua2026
