21 Mai CORRELINGUA 2026 PONTEVEDRA
A cidade de Pontevedra acolleu hoxe a marcha pola lingua galega de vinte centros de ensino de Pontecaldelas, Barro, Vilaboa, Portas, O Grove, Meis, Vilagarcía de Arousa e Pontevedra, cuxo alumnado percorreu as rúas da cidade ao son dos berros de arengas en defensa do galego e da música de gaitas para rematar na Alameda gozando da lectura do Manifesto por parte de Luis O Caruncho e da actuación do grupo musical @sniffandcrash
Foi un día de gozo absoluto e celebración no que todas as asistentes uniron forzas para deixar claro que o galego e cousa de todas e é a nosa responsabilidade que siga viva.
Agradecemos o bo facer das profesionais, docentes, coidadoras, insitucións colaboradoras, artistas, etc que fixeron posible un ano máis unha Festa Correlingua á altura do idioma! ✨🤍💙💜♥️