20 Mai CORRELINGUA 2026 OURENSE

Hoxe foi o día das #festascorrelingua2026 en #ourense.
O alumnado de dezasete centros de ensino de Ourense, Maceda, Carballiño, Vilamartín de Valdeorras e Nogueira de Ramuín encheron as rúas da cidade portamdo pancartas e berrando arengas con lemas en defensa do uso da lingua galega. A Praza Maior foi o lugar de encontros lúdicos, concursos de pancartas, animacións.,.. e o Auditorio acolleu o concerto do grupo @mekanikarollingband e que p ao público en pé, porque en galego tamén se baila e se fai música, como ben demostraron as alumnas do CEIP do Couto e as Pandeireteiras Loureiro.
Agradecementos especiáis á Asociación Amencer e a todas e cada unha das persoas e institucións que fixeron posible a festa Correlingua de Ourense. ✨🤍💙💜♥️