CORRELINGUA 2026 NARÓN

CORRELINGUA 2026 NARÓN

Esta mañá, o alumnado de catorce centros educativos de Ferroltera tivo en Narón a súa #festacorrelingua
En dúas quendas de andaina e festexo, toda esta rapazada revolucionaria e amante do galego  ( un/has 1400 alum*s) deixou claro que a lingua galega resiste, que así o leva facendo en 26 edicións de Correlingua e seguirá facendoo.

Celebrouse e o a existencia e o uso do galego coa actuación de Paco Nogueiras no Pazo da Cultura da vila, onde se leu o Manifesto nun acto emotivo á vez que lúdico ao que asistiron a Alcaldesa e a Concelleira de Ensino e a Secretaria Comarcal da CIG Ensino de Ferrol, e que foi conducido pola actriz Isabel Risco.