01 Xuñ CORRELINGUA 2026 A ESTRADA
O venres 29 de maio tivo lugar a última das #festascorrelingua2026 na Estrada.
Foi unha xornada de marcha polo galego memorable na que participaron once centros de ensino desta vila e das veciñas Forcarei e Cuntis.
A rapazada asistiu con grande enerxía a estas andainas en defensa da lingua que remataron coa actuación musical do grupo @sniffandcrash
Agora si, é tempo de agradecer a todas as persoas e insitucións que fixeron posible que berrásemos polas rúas que “Co galego no corazón, facemos revolución”.
Seguimos sempre ! ✨🤍💜♥️💙
