COMEZAN AS FESTAS CORRELINGUA 2026!

COMEZAN AS FESTAS CORRELINGUA 2026!

Agora si, o programa das FESTAS CORRELINGUA 2026 xa está pechado e en maio comezamos a percorrer Galiza para reivindicar e celebrar o galego!
Eis aquí o cartaz e o programa!

– CREALINGUA:
Concurso libre de creación artística en galego.
Envíanos un vídeo, banda deseñada, radio, blogs, tik tok… do que ti queiras.
INSCRICIÓN: envío da proposta ao correo correlingua@correlingua.gal
Data límite para envío: 31 de maio de 2026
O premio será unha clase maxistral cun/ha profesional do ámbito no que participe o grupo gañador.
– DESATA A LINGUA:
Queredes participar na creación do manifesto do Correlingua 2027?
Realizaranse obradoiros de escrita para 1º e 2º da ESO impartidos por escritoras entre setembro e novembro do 2026 para grupos dun máximo de 25 alumnos/as por centro.
INSCRICIÓN mediante envío dun correo a correlingua@correlingua.gal
PRAZO DE INSCRICIÓN: do 1 de maio de 2026 ata o 30 de xuño de 2026
IMPORTANTE: Adxudicación por orde de inscrición. Prazas limitadas!
Contamos convosco para seguir traballando a prol da nosa lingua !!
Vaia a nosa gratitude por adiantado.
Saúde.