Argalleir@s do CEIP Albeiros (Lugo) gaña o concurso de BD

Argalleir@s do CEIP Albeiros (Lugo) gaña o concurso de BD

Baixo o alcume Argalleir@s as nenas e nenos de 5ºB de primaria do CEIP Albeiros (Lugo) gañaron o concurso de BD do Correlingua cunha proposta titulada De viaxe por Galicia. A lingua non para. O xurado destacou a coherencia no nivel narrativo e tamén o alto nivel gráfico desta proposta.

As e os Argalleir@s gozarán, xunto cos gañadores do concurso de vídeo de infantil e primaria, dunha xornada en Outeiro de Rei, na Casa-Museo Manuel María. Alí contarán con varias actividades, entre elas unha visita organizada arredor da obra Os soños na gaiola e un concerto de Paco Nogueiras co seu novo espectáculo, Radio BULEBULE.

Desde a organización do Correlingua queremos agradecerlle a súa participación a todos os grupos de alumnas/os e profes que nos enviaron as súas propostas. Con elas queda demostrado que a lingua non para! Esperámosvos para o ano que vén!

 

Podes ver a BD en BD 2018: ARGALLEIROS