18 Abr Aquí están os grupos gañadores do Cantalingua!
Por fin podemos dicir cales son os grupos gañadores do Cantalingua e, polo tanto, as persoas que van amenizar as diferentes festas finais que do 2 ao 16 de maio amenizarán as prazas de vilas e cidades a favor do galego! Logo de que o alumnado do EIS de Elviña e do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo fixera de xurado e dese a súa opinión con respecto ás diferentes opcións presentadas, temos que dicir que os gañadores son:
- En primeiro posto, Zënzar!
- En segundo, Liviao de Marrao!
- E en terceiro, Pito de Pikasso!
Estes serán os lugares aos que asistirán cada un:
- 2 de maio- Pontevedra- Liviao de Marrao
- 3 de maio- A Coruña- Zënzar
- 4 de maio- Ourense- Pito de Pikasso
- 5 de maio- Burela- Zënzar
- 6 de maio- Vigo- Zënzar
- 9 de maio- Monforte de Lemos- Pito de Pikasso
- 11 de maio- Lugo- Liviao de Marrao
- 12 de maio- A Estrada- Pito de Pikasso
- 13 de maio- Santiago de Compostela- Liviao de Marrao
- 16 de maio- Ponteareas- Zënzar
Moitos parabéns aos tres e tamén moitas grazas a todos os outros grupos que participastes!!