29 Abr Ampliación do prazo de inscrición no Correlingua, agás en Ourense e Ferrol
O alto número de inscricións que produciron ao longo do venres 26 de abril e que colapsaron o formulario de inscrición, fan que a organización do Correlingua aumente o prazo até o 1 de maio de 2013, agás nos casos de Ourense e Ferrol, onde se atinxíu o número máximo de prazas disponíbeis.
Desde Correlingua queremos agradecer o alto interese mostrado na actividade.