05 Mai CORRELINGUA 2026 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Esta mañá, as rúas de Santiago de Compostela foron tomadas pola cativada e a mocidade de dezasete centros de ensino co lema “Co galego no corazón, facemos revolución”, por bandeira. Foi unha xornada de andaina, de reivindicación, defensa e celebración do uso da lingua galega.
As fotografías tiradas pola organización non puideron captar o máis importante: a enerxía e a forza deste alumnado que é a mesma coa que nós cremos en todas elas e no futuro do noso idioma nas súas mans.
Grazas a TODAS e cada unha das persoas que traballaron e traballan porque isto sexa posible: profesorado dos centros, institucións colaboradoras, artistas convidadas…
Seguimos! #festascorrelingua2026