O Correlingua comeza a súa andaina! Participa con nós!

O Correlingua comeza a súa andaina! Participa con nós!

Ola!

Chega outubro e o Correlingua comeza a súa andaina.

Xa estamos coa próxima edición, a do 2024, e en breve terás ao teu dispor na nosa páxina web e nas nosas redes sociais as diferentes actividades que ao longo do ano escolar fan que o Correlingua sexa una ferramenta máis na carreira normalizadora do noso idioma.

E por iso este ano o teu centro pode ser aínda máis protagonista. Bota unha man e axuda na escolla do lema do Correlingua 2024.

Fai parte con nós desta carreira da lingua.

É moi sinxelo: escollede un lema e enviade un correo a correlingua@gmail.com antes do 15 de outubro

Grazas por participar!

 

AVANCE DE ACTIVIDADES CORRELINGUA 2024

(das que recibiredes un correo nas datas correspondentes para poder inscrivirvos e participar)


Festas Correlingua

As festas celebraranse nas principais cidades do país en maio do 2024 e para participar nelas teredes que inscribirvos. Recibiredes un correo no mes de febreiro coas indicacións para facelo.

 

Regueifando!
Faremos unha gran regueifa colectiva.
Enviamos un titorial; creades e gravades 3 coplas na aula e mandámosllasao seguinte centro para que  continúe a súa viaxe. Ao final editamos un vídeo con todas as regueifas dos grupos participantes. Este é o resultado do traballo colectivo do 2023:
https://www.youtube.com/watch?v=mknWJCWneKo

Se queredes participar podedes enviar xa un correo a correlingua@gmail.com

Crealingua
concurso libre de creación artística en galego.

Envíanos desde xaneiro a abril un vídeo, banda deseñada, radio, blogs, tik tok… do que ti queiras ao correo correlingua@gmail.com
O premio será unha clase maxistral nos meses de maio ou xuño cun/ha profesional do ámbito no que participe o grupo gañador.
 
Cantalingua.
Concurso de música en galego.
Podes participar co teu alumnado da ESO como xurado deste concurso. Aquí podes escoitar as cancións dos grupos que participaron o ano pasado: https://correlingua.gal/cantalingua/cantalingua-2023/

Os 3 grupos gañadores serán os que animen as Festas do Correlingua.

Se queredes participar podedes enviar un correo a partir de xaneiro a correlingua@gmail.com

 

Desata a lingua.
Queredes participar na creación do manifesto do Correlingua 2025?
Faremos obradoiros de escrita para 1º e 2º da ESO impartidos por escritoras  entre setembro e outubro do 2024. Participan un grupo de máximo 25 alumnos/as por centro. tedes que anotarvos a partir de maio enviando un correo a correlingua@gmail.com
 
 
IMPORTANTE: Adxudicación por orde de inscrición, prazaslimitadas no Regueifando!, Desata a lingua e Cantalingua.

O Correlingua está en Instagram, Facebook, Twitter e na canle de You Tube.