Inscribe o teu centro para as Festas de 2022!

Inscribe o teu centro para as Festas de 2022!

Amigas e amigos a celebración do Correlingua 2022 xa está en marcha!
Nesta edición as Festas volven percorrer Galicia e farémolas no mes de maio nas provincias de Coruña e Pontevedra e no mes de outubro nas de Lugo e Ourense (1).
Continuamos co mesmo formato que no 2021 e moitas das Festas emitiranse en directo para que poidades participar desde as aulas.

Se queredes asistir co voso alumnado ao lugar de celebración da Festa na vosa comarca xa podedes inscribirvos na ligazón ao final desta nova antes do 27 de abril de 2022:

Estas son as datas e localidades de celebración das Festas

 A CORUÑA
11 de maio Santiago, 
na Alameda
18 de maio  Carballo, no Auditorio Pazo da Cultura
31 de maio Narón, no Pazo da Cultura

PONTEVEDRA
4 de maio   Pontevedra, 
na Alameda
12 de maio A Estrada, no Teatro Principal
19 de maio  Vigo, no Auditorio Municipal
20 de maio Tomiño, na praza do Seixo
27 de maio Cangas, no Auditorio Municipal

 

 

(1) as inscricións para as festas de Lugo e Ourense serán en setembro.

*nas localidades onde se celebren as festas en auditorios ou teatros con capacidade limitada adaptarase o número de participantes ao aforo de tal maneira que poidan acudir un maior número de centros.

 

Podedes inscribirvos para participar nas festas neste enlace:

Inscrición para as festas