16 Mar Xa temos a proposta gañadora do concurso de Manifesto!
Esta semana, o xurado do Correlingua decidiu que a proposta gañadora do concurso de Manifesto 2015 fora… o alumnado de 4º da ESO do CPI de Pontecesures!
Moitos parabéns por saber captar tan ben a idea deste ano. Agora a vosa proposta andará por toda Galiza nas bocas de compañeiras e compañeiros que a interpreten. Tamén moitas grazas a todas aquelas rapazas e rapaces, profesoras e profesores que fan posíbel este concurso e que cren que pode estar ben reflexionar sobre a situación do galego. Que confiedes nestes proxectos que se propoñen para o curso escolar como unha actividade máis nas vosas aulas é un pracer!
Os premios pronto estarán preparados, só vos adiantamos que vos espera unha fin de semana moi productiva!
Se queredes podedes ver o Manifesto gañador aquí.