01 Mar Nada que perder
A banda de Cerceda, decana das bandas do país que fan rock en galego, segue cos directos cando se achega ao seu 30 aniversario alá para decembro de 2018.
Despois de máis de dous anos de concertos tras a saída do seu último traballo Camiñando entre serpes (2015), despois de recibir, por sorpresa, a homenaxe de 18 bandas galegas que versionaron temas seus alá polo 2013, e de gañar certames de prestixio coma o Cantalingua do 2016, atópase en pleno traballo de composición e gravación do que será o seu vindeiro traballo discográfico, que aínda que non ten data de saída, agardan que sexa neste 2018.